miércoles, 15 de abril de 2020

Benqueridas familias:

Desde o Departamento de Orientación desexamos que todos esteades a pasar este confinamento sen problemas de saúde e coa esperanza de que esta circunstancia acabe pronto e poidamos recuperar a nosa vida diaria.

Somos conscientes das dificultades desta situación para todos. Os alumnos tivéronse que enfrontar ao traballo de forma diferente, de súpeto, algúns sen ter os medios adecuados, outros con situacións familiares complicadas e todos tentando planificar un novo día a día con novas rutinas e a incerteza do descoñecido. 

Queremos acompañarvos e compartir convosco un conxunto de ferramentas que vos poden axudar a xestionar esta situación con pautas para afrontala, noticias de interese, contos que axudan a explicar aos máis pequenos o que está a pasar, recursos para distintas materias, xogos que fagan máis levadío o confinamento e achegando ligazóns que poidan ser de utilidade tanto para os alumnos como as familias.

Sabemos que xuntos “resistiremos”, lograremos superar esta situación e retomar as nosas vidas con aínda máis ilusión que antes.

Todo o noso ánimo.